O pasado luns, día 15 de outubro, comezaron as clases de Reforzo Educativo, dentro do programa “INTEGRA- T”. Os voluntarios e voluntarias imparten clases de apoio aos menores que precisan axuda nos seus estudos. Este programa vense realizando dende hai anos, tendo moi boa acollida, tanto polos voluntarios como polos centros escolares cos que hai asinados convenios de colaboración.