Este mes pechamos o programa Ponte en liña ata o próximo ano!
Como xa sabedes, este programa está destinado á promoción do emprego das TICs en persoas maiores.
Durante todo o ano estivemos a realizar, tanto de xeito grupal como individual, actividades formativas co obxectivo de facilitar a mellora da calidade de vida das persoas participantes.
Neste final de ano facemos unha despedida por todo o alto, aumentando o número de horas formativas! Deste xeito, temos a oportunidade de realizar, xunto coas nosas persoas participantes, un repaso de todos os coñecementos aprendidos durante este 2022 e a marcación de obxectivos tecnolóxicos para o próximo ano.
Pechamos o ano, pero non a xanela!