Pechamos o ano cunha gran nova:
¡Asinamos coa Fundación Nortempo un convenio de colaboración destinado a facilitar a inserción laboral das nosas persoas participantes!
A Fundación Nortempo desenvolve proxectos e programas destinados á formación e asesoramento de persoas en risco de exclusión social , co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa integración no mercado laboral.
A colaboración activa entre ambas entidades por un obxectivo común facilitará a súa consecución, tratando, ademáis, de reducir a discriminación no acceso ao mercado laboral.
Aproveitamos esta oportunidade para agradecer enormemente á Fundación Nortempo o seu interese e apoio, que será clave para o correcto desenvolvemento das actividades comprendidas dentro da área de emprego dos nosos programas.
Algúns dos programas que se verán beneficiados polo novo convenio son:
- Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón.
- Reinvéntate.
- Confía.
Podedes obter máis información sobre os servizos da Fundación Nortempo na súa páxina web: https://nortempo.com/fundacion/
Xuntas por un obxectivo común!