Ocio e adolescencia: o grupo de iguais e a familia

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram @afa_ferrol. Esta vez afondamos un pouco máis sobre o ocio saudable nas persoas adolescentes, algo esencial para mellorar a súa calidade de vida.

Contextualizamos o concepto de ocio e falamos dos seus diferentes tipos: activo e pasivo. Pero, fundamentalmente, nos centramos na importancia que cobran o grupo de iguais e a familia á hora de promover o ocio saudable xa que, nesta etapa, son os axentes de socialización máis influentes.

Como xa sabedes, tedes á vosa disposición a grabación no Instagram!

Hábitos de vida saudable

En directos anteriores falamos de adicción a substancias, ás redes sociais e a internet, así como dos distintos riscos cos que os/as adolescentes se poden atopar na rede.

Onte conversamos sobre estilos de vida saudable e de como incorporalos á etapa da infancia e da adolescencia. O certo é que é moi importante que esto se faga durante este período, xa que os hábitos adquiridos neste último son difíciles de modificar na adultez.

Esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.

Coma sempre, tedes a grabación no noso Instagram @afa_ferrol!

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA