Ocio e adolescencia: o grupo de iguais e a familia

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram @afa_ferrol. Esta vez afondamos un pouco máis sobre o ocio saudable nas persoas adolescentes, algo esencial para mellorar a súa calidade de vida.

Contextualizamos o concepto de ocio e falamos dos seus diferentes tipos: activo e pasivo. Pero, fundamentalmente, nos centramos na importancia que cobran o grupo de iguais e a familia á hora de promover o ocio saudable xa que, nesta etapa, son os axentes de socialización máis influentes.

Como xa sabedes, tedes á vosa disposición a grabación no Instagram!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA