Outro ano máis, a Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) nos outorgou a subvención de Voluntariado Sénior.
Grazas a ela podemos implementar o noso programa “Acompáñame”. Este realízase na Residencia Mixta de Maiores de Caranza por persoas voluntarias maiores de 55 anos, quenes teñen a labor de apoiar e acompañar a residentes que, por razóns de idade, enfermidade, carencia, dificultade ou ausencia de apoio familiar ou social precisan de axuda para a realización de determinadas actividades imprescindibles na súa vida.
Queremos agradecer á Xunta de Galicia por seguir apoiando á nosa entidade e, máis concretamente, a este programa que, sen dúbida, contribúe ao benestar de quenes o realizan e facilita a vida cotiá de tantas persoas da residencia.
Moitísimas grazas!