O pasado xoves levamos a cabo un obradoiro destinado a persoas da terceira idade. Falamos sobre o concepto de vellez e as súas características, os prexuízos e estereotipos asociados, así como a importancia de ter un envellecemento activo para gozar dunha maior calidade de vida.
A sesión resultou moi enriquecedora e interesante! As persoas que asistiron á actividade participaron activamente, expresando, dende as súas propias vivencias, a súa perspectiva desta etapa da vida.
Esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.