ACCIÓN FAMILIAR FERROL

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol) é unha organización formada por un equipo de profesionais do ámbito psico-educativo e social que prestan apoio psicolóxico e educacional a través de proxectos e programas dirixidos a menores, mulleres, maiores, minorías étnicas e persoas sen recursos.

REINVÉNTATE

Este mes dá comezo unha nova edición do noso programa Reinvéntate!

Este está dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade debido á súa falta de titulación ou baixa cualificación e ten o obxectivo de favorecer a súa inclusión social.

Nel traballamos ...

Ocio e adolescencia: o grupo de iguais e a familia

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram @afa_ferrol. Esta vez afondamos un pouco máis sobre o ocio saudable nas persoas adolescentes, algo esencial para mellorar a súa calidade de vida. Contextualizamos o concepto de ocio e falamos dos ...

Hábitos de vida saudable

En directos anteriores falamos de adicción a substancias, ás redes sociais e a internet, así como dos distintos riscos cos que os/as adolescentes se poden atopar na rede. Onte conversamos sobre estilos de vida saudable e de como incorporalos á ...

Escola de verán!

Este verán, ademais de reforzar as materias educativas, tamén estamos a traballar a coordinación, a axilidade mental, a resistencia e a concentración mediante diferentes xogos.

“Xogar é a forma favorita do noso cerebro para aprender” Diane Ackerman ...

Riscos asociados ao uso de internet

A pasada semana, continuando coa temática das redes sociais e internet, estivemos en directo para falar dos distintos riscos aos que se poden enfrontar os/as adolescentes mediante a utilización das distintas plataformas. Profundizamos sobre a perigosidade asociada ao acceso a ...

Prevención da adicción ás redes sociais e internet

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram (@afa_ferrol), por segunda vez, con Carla Saborido, educadora social. O pasado 6 de xuño centrámonos nas adiccións a substancias, pero non podemos esquecer que tamén existen adiccións non químicas. Entre estas ...

Reinvéntate!

Queremos lembrar que Reinvéntate, o noso programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, continúa en pé ata o mes de agosto de 2024.

Nel traballamos de maneira integral, proporcionando apoio e orientación tanto no ámbito persoal, como familiar e ...

28 de xuño – Día do Orgullo LGBTIQ+

O pasado venres celebrouse o Día do Orgullo LGBTIQ+.

Os delitos de odio en contra das persoas pertencentes ao colectivo LGBTIQ+ continúan dándose arredor de todo o mundo.

A súa situación de vulnerabilidade increméntase cando se suman outros motivos (procedencia, orixe étnica, ...