Coral Polifónica Eixil de Cedeira

Na tarde de onte, na Residencia Mixta de Maiores de Caranza tivo lugar a actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira.

Queremos amosar os nosos agradecementos á Coral pola súa labor e o seu gran talento, e á Deputación da Coruña por facilitar, mediante a Rede Cultural, esta actuación.

Finalmente, grazas tamén á Residencia pola súa colaboración, así como tamén ás persoas traballadoras e voluntarias por asistir ao evento.

Compartindo experiencias!

Hoxe, no noso Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana de Narón, Natalia, unha persoa que está realizando as prácticas na nosa entidade, estivo falando coas usuarias sobre a súa experiencia no ámbito sanitario e da discapacidade.

Queremos agradecerlle que comparta con nós experiencias tan enriquecedoras, así como o seu interese e implicación no noso Programa.

A prevención do consumo de drogas na adolescencia

O pasado xoves estivemos en directo coa educadora social Carla Saborido, quen forma parte do equipo de AFA Ferrol, para conversar sobre un tema sumamente importante e que involucra, fundamentalmente, aos/as máis xoves e ás súas familias: a prevención do consumo de drogas.

Nel abordamos as diferentes formas de consumo existentes, así como as substancias que están máis presentes durante esta etapa.

Esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.

Convidámosvos a visualizar e escoitar a grabación que está colgada no noso Instagram (@afa_ferrol) e a que comentedes calquera dúbida que teñades!

Festa do Voluntariado

Como cada ano, o pasado 5 de xuño, a Residencia Mixta de Maiores de Caranza gratificou ás persoas voluntarias que forman parte de dous dos nosos programas, “Acompáñame” e “Tempo de Lecer”, con unha celebración e unha merenda. Nós tamén tivemos o pracer de acompañalas! Ademais, despois disfrutamos dunha actuación musical que tamén organizou a Residencia para amenizar a tarde.

Agardamos poder continuar moitos anos máis con esta colaboración e seguir contribuindo á mellora do día a día das persoas residentes.

Moitísimas grazas á residencia, polo seu traballo e por contar co noso equipo!

Queremos agradecerlles tamén ás persoas residentes polo seu cariño e a súa amabilidade, xa que nos entregaron un agasallo elaborado por elas mesmas.

Finalmente, grazas ás persoas voluntarias! Sen a vosa labor e entusiasmo, isto non sería posible!

Colabora!

Faite socio ou socia e colabora para facer mellor a vida de moitas persoas.

Podes apoiarnos mediante diferentes tipos de doazóns!

 

Se estás interesado/a en asociarte ou en realizar algunha doazón, non dubides en contactar con nós. Podes facelo mediante o apartado de «colabora», chamando ao 981 35 80 23  ou a través das seguintes plataformas:

Instagram: @afa_ferrol

Facebook: Acción Familiar Ferrol

e-mail:  afaferrol@accionfamiliar.org

Programa de voluntariado

En AFA Ferrol estamos agardando que persoas coma ti, con ganas de vivir novos retos, comecen a formar parte da nosa labor. Invitámoste a coñecer os nosos programas de voluntariado e a que contactes co noso equipo no caso de que desexes colaborar nalgún deles.

Lembra que axudar aos demais non só cambia as súas vidas, senón que tamén transforma a túa!

Se estás interesado/a en participar nalgún dos anteriores programas, non dubides en contactar con nós. Podes facelo mediante o apartado de “colabora”, chamando ao 981 35 80 23 ou a través das seguintes plataformas:

Instagram: @afa_ferrol

Facebook: Acción Familiar Ferrol

e-mail:  afaferrol@accionfamiliar.org

 

Memoria de actividades 2023

Ao longo do ano 2023, en AFA Ferrol, realizáronse unha gran variedade de programas destinados a diferentes colectivos.

Queremos agradecer todo o apoio recibido durante o ano ao equipo de profesionais que se veu envolto na execución de cada proxecto, así como tamén ás persoas voluntarias e ás persoas socias. Ademais, queremos amosar os nosos agradecementos ás entidades colaboradoras, entre as que destacan a Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Narón, Concello de Ferrol e Fundación La Caixa. Sen a súa colaboración, non sería posible poñer en marcha estas iniciativas.

Covidámoste a ler este pequeno resumo da memoria de actividades do pasado ano!

 

15 de Maio – Día da Familia

Feliz Día da Familia!

Hoxe é un día para poñer en valor os lazos familiares e lembrar que, a diario, debemos coidalos e fortalecelos. Ademais, a celebración deste día tamén fomenta o recoñecemento da gran diversidade de familias que existen e, por suposto, o respecto dos dereitos de cada unha de estas, xa sexan nucleares, monoparentais, homoparentais, de pais/nais divorciados/as, adoptivas, etc. En definitiva, todas as familias son únicas e merecen respecto.

Como en todos os ámbitos da vida, na familia tamén se presentan multitude de dificultades e obstáculos aos que enfrontarse. Os conflitos son parte da vida familiar e, como sucede con todos os problemas, resulta necesario establecer unha comunicación afectiva para tentar resolvelos da mellor maneira posible.

Para finalizar, aproveitando esta data, queremos mencionar que, próximamente, levaranse a cabo novas actividades formativas enmarcadas dentro do noso Proxecto de Educación Familiar. Estade antentos/as ao noso Instagram @afa_ferrol!

 

2 de maio – Día Internacional contra o bullying e o acoso escolar

No día de onte, reivindicouse a loita contra o bullying, co fin de concienciar sobre esta problemática e a necesidade de previla e eliminala.

Millóns de rapaces/zas en todo o mundo son vítimas de constantes situacións de acoso e de violencia no ámbito escolar e a través das redes sociais por parte dos seus compañeiros/as. Segundo unha investigación levada a cabo en España no pasado ano, case dous alumnos por clase sofren acoso escolar, afectando a un total de 220.000 nenos e nenas en todo o país.

Dende AFA Ferrol, cremos que é esencial garantir a existencia de intervencións que axuden ás vítimas a recuperar a súa autoestima, a promover o seu empoderamento e, en xeral, a mellorar o seu benestar. Por suposto, tamén nos parece fundamental traballar coas persoas agresoras, xa que, en multitude de ocasións, a presenza de condutas agresivas nos/nas menores se debe a problemas emocionais ou psicolóxicos subxacentes.

Non hai que esquecer que existen factores asociados que poden provocar que unha situación de acoso escolar se orixine ou se agrave como, por exemplo, a repercusión de prexuízos ou diferentes estereotipos, como ben poden ser os relacionados coa orixe, a diversidade funcional, a orientación sexual ou a identidade de xénero, entre outros.

Finalmente, queremos facer fincapé en que a prevención desta problemática é unha responsabilidade compartida entre familias, educadores/as, outros/as profesionais e a sociedade en xeral. Dende idades temperás, debemos fomentar valores como a tolerancia e a empatía.

 

8 de abril – Día Internacional do Pobo Xitano

O pasado 8 de abril foi o Día Internacional do Pobo Xitano. Co motivo de conmemorar este día, levouse a cabo  unha xornada de conmemoración e reivindicación dos dereitos e da cultura xitana no salón de plenos do Concello de Narón

Agradecemos enormemente a participación de todo o colectivo, especialmente ás participantes da formación de mellora da empregabilidade, quenes elaboraron un vídeo de visibilización dos prexuízos que carga o pobo xitano polo feito de selo.  Tamén queremos amosar os nosos agradecementos ao grupo de mariscadores, por demostrar a súa constancia e ser un exemplo para a mocidade.

           

Ademais, para continuar coa celebración desta data, tivo lugar unha semana de portas abertas na Casa da Cultura de Narón.
Supuxo unha gran oportunidade para visibilizar a cultura do pobo xitano e as accións que, dende AFA Ferrol, se levan a cabo co colectivo do Concello de Narón.

       

Sastipen Thaj Mestipen!?❤️?
Saúde e Liberdade!

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA