Novo Convenio de colaboración coa Fundación Nortempo

Pechamos o ano cunha gran nova:

¡Asinamos coa Fundación Nortempo un convenio de colaboración destinado a facilitar a inserción laboral das nosas persoas participantes!

A Fundación Nortempo desenvolve proxectos e programas destinados á formación e asesoramento de persoas en risco de exclusión social , co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa integración no mercado laboral.

A colaboración activa entre ambas entidades por un obxectivo común facilitará a súa consecución, tratando, ademáis, de reducir a discriminación no acceso ao mercado laboral.

Aproveitamos esta oportunidade para agradecer enormemente á Fundación Nortempo o seu interese e apoio, que será clave para o correcto desenvolvemento das actividades comprendidas dentro da área de emprego dos nosos programas.

Algúns dos programas que se verán beneficiados polo novo convenio son:

  • Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón.
  • Reinvéntate.
  • Confía.

Podedes obter máis información sobre os servizos da Fundación Nortempo na súa páxina web: https://nortempo.com/fundacion/

Xuntas por un obxectivo común!

Ponte en liña: Pechamos o ano, pero non a xanela!

Este mes pechamos o programa Ponte en liña ata o próximo ano!

Como xa sabedes, este programa está destinado á promoción do emprego das TICs en persoas maiores.

Durante todo o ano estivemos a realizar, tanto de xeito grupal como individual, actividades formativas co obxectivo de facilitar a mellora da calidade de vida das persoas participantes.

Neste final de ano facemos unha despedida por todo o alto, aumentando o número de horas formativas! Deste xeito, temos a oportunidade de realizar, xunto coas nosas persoas participantes, un repaso de todos os coñecementos aprendidos durante este 2022 e a marcación de obxectivos tecnolóxicos para o próximo ano.

Pechamos o ano, pero non a xanela!

Reforzo educativo en Narón

??‍? Xa retomamos as nosas clases de reforzo educativo!

? Na Casa da Cultura de Narón.

? ? As clases impártense os martes de 10.00h a 13.00h.

?✍️ Ademais de servir para comezar o curso con forza, facilitará a conciliación das familias participantes do programa.

? Dirixido á poboación xitana do Concello de Narón.

Actuación Coral Eixil de Cedeira

Na tarde de onte, 8 de xuño, celebrouse na Residencia de Maiores de Caranza, unha actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira.

Foi unha tarde festiva para todos/as os/as participantes, voluntarios/as e residentes.

A Residencia agradeceu ao persoal voluntario de Acción Familiar os programas que desenvolve na Residencia, dirixidos á terceira idade.

Este concerto celébrase dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Formación permiso de conducir B

?? Presentámosvos o novo cartel da nosa aula de formación do permiso de conducir clase B, onde explicamos o temario, realizamos test e resolvemos dúbidas.

? Na Casa da Cultura de Narón.

? As clases impártense os xoves ao longo de todo o ano, e son totalmente gratuítas.

?? É unha formación práctica e útil que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas aproben a parte teórica do permiso de conducir clase B, e así melloren a súa inclusión no mercado laboral.

? Esperámoste!
Fala con nós para apuntarte.

Actuación Coral Polifónica Eixil de Cedeira

O vindeiro 8 de xuño teremos a actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira, na Residencia de Maiores de Caranza, como agradecemento ao persoal voluntario que participa nos nosos programas dirixidos á terceira idade.

Este concerto realizarase ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Formación novas tecnoloxías

Hoxe comeza na nosa sede de Narón a formación práctica básica en novas tecnoloxías, pero… aínda estás a tempo de apuntarte!

As clases serán impartidas durante os luns do mes de xuño, e facilitarán a inclusión no mundo dixital de toda aquela persoa que teña interés no tema.

Será unha formación práctica e útil para realizar calquera xestión básica a través de internet, realizada ca colaboración do Concello de Narón.

Esperámoste!

8 de abril, Día do Pobo Xitano

O pasado venres, 8 de abril, celebramos o día Internacional do Pobo Xitano en Narón. O tempo non acompañou, e por iso, tivemos que modificar a ubicación da cerimonia do Río, que se realizou no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro.

As actividades previstas para ese día foron as seguintes:

 

O acto, presidido pola alcaldesa de Narón, comezou no Salón de Plenos do Concello onde se leron un manifesto e varias frases reividincativas , e se homenaxeou a Enma Gabarre, pola súa constancia e fortaleza ante as adversidades, logrando, a pesar de todo, a plena inserción laboral.

Ademáis, inagurouse a exposición de fotografía “Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia”, que conta cunha treintena de fotografías de veciños de Narón realizadas os días previos a este día, e que se pode visitar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro.

Deixámosvos aquí a noticia do evento:

https://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/naron-reivindica-derechos-pueblo-gitano-dia-mundial-3544938

Reinvéntate – Programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

Onte, 4 de abril,  comezamos tamén co programa Reinvéntate para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O presente programa trata de dar unha resposta global ás necesidades das mulleres que carecen de titulación ou contan con baixa cualificación, impulsando os procesos de inclusión social mediante a súa participación na sociedade, tomando en consideración as súas necesidades específicas.

Se precisas axuda e crees que este pode ser o teu espazo, chámanos ao 981358023 ou escríbenos a afaferrol@accionfamiliar.org e darémosche toda a información.

 

Comezo do programa “CONFÍA”

O día 1 de abril deu comezo o noso programa Confía, no que apoiamos social e psicolóxicamente a persoas migrantes en sesións individualizadas. O obxectivo é apoialas e acompañalas no proceso migratorio, dándolles ferramentas para empoderalas e que afronten o proceso o mellor posible.

Calquera pode apuntarse, as inscripcións están abertas e é totalmente gratuito. Se estás interesado/a ou coñeces a alguén ao que poida interesarlle chámanos ao 981358023 ou escríbenos a afaferrol@accionfamiliar.org e darémosche toda a información.

 

 

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA