PONTE EN LIÑA

A pasada semana comeza unha nova edición do noso programa Ponte en Liña, o cal ten a finalidade de promover o uso das novas tecnoloxías na terceira idade.

Este programa, subvencionado pola @xuntadegalicia, pretende acabar coa barreira tecnolóxica existente entre as persoas maiores e os/as máis novos/as.

Agardamos que nesta nova etapa o programa teña a mesma acollida que o ano pasado!

Conéctate e abre unha xanela ao mundo! ?

Día Internacional das Familias

O Día Internacional das Familias celébrase o 15 de maio de cada ano, co fin de concienciar á poboación sobre o papel que ten a familia na educación dende a primeira infancia, e fomentar os lazos e a unión familiar.

En Acción Familiar Ferrol, durante ese día, os nosos grupos de reforzo educativo levaron a cabo unha actividade para poñer en valor a todas as familias, tamén ás moitas coas que traballamos.

Porque FAMILIA é o grupo de persoas que ti elixes!

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar o ecosistema e fomentar o respecto ao medio ambiente. Neste ano 2023 a campaña do Día Mundial do Medio ambiente leva como lema: “Sen contaminación por plásticos”♻

400 millóns de toneladas de plástico se producen a nivel mundial cada ano, e menos do 10% recíclase. Millóns de toneladas acaban en ríos, lagos e mares, invadindo así o auga e o aire, e incidindo negativamente na saúde das persoas, dos animais e do planeta.

Por todo elo, este ano o tema foi o problema do plástico, e os nosos grupos de reforzo educativo quixeron aproveitar a ocasión para realizar unha actividade de sensibilización.

Coidemos o planeta!?

Inicio do Programa “Superheroes”

Comezamos o programa “Superheroes”!!!
É un programa de intervención ante situacións de acoso escolar, financiado polo Concello de Ferrol.

Nesta experiencia piloto contamos cunha psicóloga, que intervén co alumnado derivado dos centros educativos da cidade para mellorar o seu benestar físico e emocional.

Para máis información:
?981358023
? afaferrol@accionfamiliar.org

Ponte en liña: De novo abrimos a xanela!!

Febreiro arrinca cunha nova edición do noso programa Ponte en Liña!

Este programa está dirixido as persoas maiores co fin de achegarlles coñecementos básicos sobre as novas tecnoloxías e intentar así crebar a barreira tecnolóxica coa que se atopan á hora de comunicarse coas súas familias.

Dende AFA Ferrol, apostamos por un acompañamento dixital onde se axude a persoas sen coñecementos ou con coñecementos básicos a desenvolverse con diversos dispositivos, como son os teléfonos móbiles, as tablets e aqueles que se activan pola voz, como é o caso de Alexa.

Xa sabedes cal é o noso lema: Conéctate e abre unha xanela ao mundo!

Día escolar da Paz e da non violencia!!

O pasado Luns día 30 de Xaneiro, foi o día escolar da paz e da non violencia.

En AFA Ferrol cremos na cultura da paz, tolerancia e respecto mutuo e consideramos que a escola é a ferramenta para a acadar o entendemento entre todas as persoas e o seu compromiso de concordia.

Por iso o alumnado que forma parte das actividades formativas do Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón, quixo participar deste día elaborando un mural para reivindicar a necesidade de que as escolas sexan espazos libres de violencia.

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño” – Mahatma Ghandi – ☮

Nova Edición Reinvéntate

O pasado venres, 20 de xaneiro, deu comezo unha nova edición de Reinvéntate!

Como xa sabedes, este é un programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

  •  Dirixido a mulleres sen formación ou con baixa cualificación.
  • Na Casa Solidaria, 6º andar.
  • O programa durará ata o mes de agosto.

Para inscribirte ou para máis información ponte en contacto no 981358023 ou a través do email: afaferrol@accionfamiliar.org

Día Internacional da Educación

Onte, Martes 24 de Xaneiro, foi o día internacional da Educación.

A educación é un dereito fundamental, e dende AFA Ferrol sempre apostamos por unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todas as persoas.

Por iso, quixemos facer partícipe a todo o alumnado que forma parte dos nosos programas de Reforzo Educativo deste día.

 Nenos e nenas involucráronse nunha preciosa actividade na que puideron expresar o compromiso que todos e todas temos coa ensinanza e a aprendizaxe.

A educación é a mellor ferramenta para cambiar o mundo.

 

 

 

 

Escola de Familias: Segunda Edición do Obradoiro de Sexualidade

Abrimos o prazo de inscrición na Escola de Familias!!

Xa non queda nada para que comece a Segunda Edición do noso Obradoiro de Sexualidade, que contará con 3 sesións os días 1, 8 e 15 de Febreiro en horario de 17.00h a 18.30h.

Esta iniciativa tenta achegar ás familias a importancia da sexualidade na mocidade, buscando a forma de traballar e atallar posibles dificultades e aportando ferramentas para crear un clima de confianza e comunicación.

Se queres máis información non dubides en contactarnos:

☎ 981358023

✉ afaferrol@accionfamiliar.org

Novo Convenio de colaboración coa Fundación Nortempo

Pechamos o ano cunha gran nova:

¡Asinamos coa Fundación Nortempo un convenio de colaboración destinado a facilitar a inserción laboral das nosas persoas participantes!

A Fundación Nortempo desenvolve proxectos e programas destinados á formación e asesoramento de persoas en risco de exclusión social , co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa integración no mercado laboral.

A colaboración activa entre ambas entidades por un obxectivo común facilitará a súa consecución, tratando, ademáis, de reducir a discriminación no acceso ao mercado laboral.

Aproveitamos esta oportunidade para agradecer enormemente á Fundación Nortempo o seu interese e apoio, que será clave para o correcto desenvolvemento das actividades comprendidas dentro da área de emprego dos nosos programas.

Algúns dos programas que se verán beneficiados polo novo convenio son:

  • Programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón.
  • Reinvéntate.
  • Confía.

Podedes obter máis información sobre os servizos da Fundación Nortempo na súa páxina web: https://nortempo.com/fundacion/

Xuntas por un obxectivo común!

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA