PROGRAMA DE INTERVENCIÓN INTEGRAL COA COMUNIDADE XITANA DO CONCELLO DE NARÓN
Financiado polo Concello de Narón mediante un convenio de colaboración.
QUE E?
É un programa de Intervención Integral destinado á Comunidade Xitana do Concello de Narón que pretender favorecer a integración social, laboral e educativa da poboación xitana do devandito Concello.
COMO FUNCIONA?
O proxecto vai dirixido á totalidade da poboación xitana do Concello de Narón coa que se pretende traballar os seguintes aspectos: emprego e formación, vivenda, educación, saúde, acción social e fomento da cidadanía inclusiva.
SERVIZOS
- Formación e Emprego.
- Área de Educación.
- Área de Vivenda.
- Área de Saúde.
- Área de Acción Social.
- Área de Fomento da cidadanía inclusiva.
A QUEN SE DIRIXE?
Comunidade Xitana do Concello de Narón.