Na tarde de onte, na Residencia Mixta de Maiores de Caranza tivo lugar a actuación da Coral Polifónica Eixil de Cedeira.
Queremos amosar os nosos agradecementos á Coral pola súa labor e o seu gran talento, e á Deputación da Coruña por facilitar, mediante a Rede Cultural, esta actuación.
Finalmente, grazas tamén á Residencia pola súa colaboración, así como tamén ás persoas traballadoras e voluntarias por asistir ao evento.