Escola de verán!

Este verán, ademais de reforzar as materias educativas, tamén estamos a traballar a coordinación, a axilidade mental, a resistencia e a concentración mediante diferentes xogos.

“Xogar é a forma favorita do noso cerebro para aprender” Diane Ackerman.

Riscos asociados ao uso de internet

A pasada semana, continuando coa temática das redes sociais e internet, estivemos en directo para falar dos distintos riscos aos que se poden enfrontar os/as adolescentes mediante a utilización das distintas plataformas.

Profundizamos sobre a perigosidade asociada ao acceso a distintos contidos inapropiados. Tratamos asuntos como a violencia, os discursos de odio, os retos perigosos ou delitivos, o grooming/sexting, o contacto con persoas descoñecidas e a perda da privacidade, entre outros.

Coma sempre, esta actividade, enmarcada dentro no noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.

Lembrámosvos que podedes visualizar e escoitar a grabación no noso Instagram @afa_ferrol.

Prevención da adicción ás redes sociais e internet

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram (@afa_ferrol), por segunda vez, con Carla Saborido, educadora social.

O pasado 6 de xuño centrámonos nas adiccións a substancias, pero non podemos esquecer que tamén existen adiccións non químicas. Entre estas destacan o xogo patolóxico, as compras compulsivas ou o uso abusivo e descontrolado das redes sociais e internet.

Así pois, tendo en conta que vivimos nunha sociedade que cada día está máis informatizada, nesta ocasión abordamos o tema das adiccións ás redes sociais e outras plataformas de internet.

Falamos, dende unha perspectiva preventiva, de como evitar que os nosos/as fillos/as desenvolvan unha conduta adictiva. Para elo, sinalamos os distintos tipos de adicción a internet, enfatizamos a importancia de detectar os signos de risco, explicamos as causas e as consecuencias deste tipo de comportamentos desmedidos e destacamos a importancia de establecer normas educativas e outra serie de pautas que, como familiares, nos poden axudar a restrinxir o tempo de conexión.

Esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.

Coma na anterior ocasión, convidámosvos a visualizar e a escoitar a grabación que está colgada no noso Instagram e a que fagades as preguntas e comentarios que consideredes!

Reinvéntate!

Queremos lembrar que Reinvéntate, o noso programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, continúa en pé ata o mes de agosto de 2024.

Nel traballamos de maneira integral, proporcionando apoio e orientación tanto no ámbito persoal, como familiar e laboral. 

As actuacións que se levan a cabo dentro de este programa están financiadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Secretaría Xeral da Igualdade) e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

28 de xuño – Día do Orgullo LGBTIQ+

O pasado venres celebrouse o Día do Orgullo LGBTIQ+.

Os delitos de odio en contra das persoas pertencentes ao colectivo LGBTIQ+ continúan dándose arredor de todo o mundo.

A súa situación de vulnerabilidade increméntase cando se suman outros motivos (procedencia, orixe étnica, diversidade funcional, estatus socioeconómico, etc.) para exercer unha diferenza no trato cara elas, producíndose así unha dobre ou múltiple discriminación.

Dende AFA Ferrol, garantimos un espazo onde se valore, se respecte e se apoie o desenvolvemento de todo o mundo, independentemente da orientación sexual e da identidade de xénero.

É preciso seguir visibilizando as inxustizas que se cometen en contra de quenes non encaixan na cis-heteronormatividade!

Alcemos a voz pola defensa dos dereiros e da dignidade de todas as persoas!

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA