Prevención da adicción ás redes sociais e internet

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram (@afa_ferrol), por segunda vez, con Carla Saborido, educadora social.

O pasado 6 de xuño centrámonos nas adiccións a substancias, pero non podemos esquecer que tamén existen adiccións non químicas. Entre estas destacan o xogo patolóxico, as compras compulsivas ou o uso abusivo e descontrolado das redes sociais e internet.

Así pois, tendo en conta que vivimos nunha sociedade que cada día está máis informatizada, nesta ocasión abordamos o tema das adiccións ás redes sociais e outras plataformas de internet.

Falamos, dende unha perspectiva preventiva, de como evitar que os nosos/as fillos/as desenvolvan unha conduta adictiva. Para elo, sinalamos os distintos tipos de adicción a internet, enfatizamos a importancia de detectar os signos de risco, explicamos as causas e as consecuencias deste tipo de comportamentos desmedidos e destacamos a importancia de establecer normas educativas e outra serie de pautas que, como familiares, nos poden axudar a restrinxir o tempo de conexión.

Esta actividade, enmarcada dentro do noso Proxecto de Educación Familiar, foi posible grazas á subvención do IRPF da Xunta de Galicia.

Coma na anterior ocasión, convidámosvos a visualizar e a escoitar a grabación que está colgada no noso Instagram e a que fagades as preguntas e comentarios que consideredes!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA