Voluntariado Sénior

Outro ano máis, a Xunta de Galicia nos outorgou a subvención de Voluntariado Sénior.

Grazas a ela podemos implementar o noso programa “Acompáñame”. Este realízase na Residencia Mixta de Maiores de Caranza por persoas voluntarias maiores de 55 anos, quenes teñen a labor de apoiar e acompañar a residentes que, por razóns de idade, enfermidade, carencia, dificultade ou ausencia de apoio familiar ou social precisan de axuda para a realización de determinadas actividades imprescindibles na súa vida.

Queremos agradecer á Xunta de Galicia por seguir apoiando á nosa entidade e, máis concretamente, a este programa que, sen dúbida, contribúe ao benestar de quenes o realizan e facilita a vida cotiá de tantas persoas da residencia.

Moitísimas grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2024 ® Acción Familiar Ferrol

Desarrollado por QUADRALIA