+Infancia é un programa destinado a menores en situación de vulnerabilidade e as súas familias.
A coordinación do programa vai da man de Dignidad Galicia, que traballa en rede con diferentes centros educativos, administracións e entidades da zona.
Entre as distintas actuacións enmarcadas neste programa, en Acción Familiar Ferrol encargámonos das actividades de reforzo educativo e atención psicoterapéutica.
Grazas á combinación de ambos servizos ofrécese unha atención integral e personalizada que aborda tanto as necesidades educativas como emocionais dos/das menores e as súas familias, contribuíndo ao seu benestar e desenvolvemento integral.