O 30 de Xaneiro sistimos, en Vigo, a unha sesión sobre a Convocatoria de Proxectos Sociais Galicia 2025 de @fundlacaixa.
O seu obxectivo foi informar ás entidades sociais de Galicia para fomentar iniciativas que promovan a igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida das persoas en situación de vulnerabilidade.
En Acción Familiar Ferrol colaboramos coa Fundación “La Caixa”, tanto no noso programa “Caixa Proinfancia” como no proxecto “+ Infancia”, da man de @dignidadgalicia.