“PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO EDUCATIVO”

Financiado polo Concello de Ferrol mediante un convenio de colaboración.

QUE É?

É un programa de Intervención Integral destinado a realización de actividades de educación non formal no marco da educación compensatoria, como apoio ás actividades realizadas dende o Fogar Infantil.

COMO FUNCIONA?

Estas clases enmárcanse dentro da educación compensatoria, xa que requiren un proceso sistemático e planificado dirixido a aquel alumnado no que se contemplan dificultades no seu desenvolvemento educativo. A educación compensatoria englóbase dentro da educación non formal, que comprende un conxunto de procesos e medios sen vinculación directa co sistema educativo regulado oficial.

SERVIZOS

Clases supervisadas por Monitora de Apoio Pedagóxico.

A QUEN SE DIRIXE?

Nenos e nenas (seleccionados polo propio centro) do Fogar Infantil de Ferrol.