PROXECTO ACOMPÁÑAME – PROXECTO DE VOLUNTARIADO

Financiado por AFA Ferrol, o Departamento de Voluntariado da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

QUE É?

Trátase dun proxecto de voluntaria que ten como principal obxectivo proporcionar apoio ás persoas maiores institucionalizados ofrecéndolles unha axuda para resolver tarefas como visitas médicas, tramitación de documentos, etc. As persoas maiores pertencen á Residencia de Maiores de Caranza.

COMO FUNCIONA?

As persoas maiores son recollidas na Residencia polo persoal voluntario, que os/as acompañen a os seus diferentes trámites e volven con elas á Residencia.

SERVIZOS

Acompañamento á visitas médicas, tramitación de documentos, compras persoais…

A QUEN SE DIRIXE?

As persoas destinatarias do proxecto de voluntariado son persoas entre 18 y 65 años, mulleres ou homes.
As persoas destinatarias finais do proxecto son os/as maiores da Residencia de Maiores de Caranza.

PROXECTO TEMPO DE LECER – PROXECTO DE VOLUNTARIADO

Financiado por AFA Ferrol, o Departamento de Voluntariado da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

QUE É?

Trátase dun proxecto de voluntaria que ten como principal obxectivo proporcionar apoio ás persoas maiores que viven na Residencia de Maiores de Caranza ofrecéndolles unha interacción social con persoas de fóra do seu entorno habitual que lles faciliten a participación en actividades de lecer e tempo libre.

COMO FUNCIONA?

As persoas voluntarias acompañan ás persoas maiores dentro da residencia durante unha tarde ou mañá a semana.

SERVIZOS

Proporcionar tempo de ocio ás persoas maiores dentro da Residencia de Maiores de Caranza.