PROXECTO REINVÉNTATE

afa ferrol proyecto reinventate mujeres

Financiado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

QUE É?

Trátase dun programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que tenta abordar as necesidades persoais de cada muller desde:

  • Procesos Persoais (atención psicolóxica, orientación sociolaboral, atención xurídica).
  • Procesos grupais/ familiares (adquisición de habilidades persoais e sociais e de mellora da empleabilidade, mediación familiar) e procesos comunitarios (mediación intercultural).

COMO FUNCIONA?

Atenderase a cada muller participante no programa de maneira individualizada, para detectar as súas necesidades específicas e pactar con elas un itinerario personalizado.

A partir de aquí existen dous posibles actuacións:

  • Tratamento dentro dos servizos deste mesmo programa.
  • Orientación e información co fin de derivar a outros servizos tanto públicos como privados da zona (en función das necesidades).

SERVIZOS

  • Orientación e información a recursos singularizados.
  • Atención Psicolóxica.
  • Asesoramento xurídico.
  • Mediación Intercultural.
  • Mediación Familiar.
  • Adquisición de Habilidades Persoais e Sociais Básicas.
  • Adquisición de Competencias para a Mellora da Empregabilidade.
  • Apoio e Orientación Laboral.

A QUEN SE DIRIXE?

Mulleres que teñan baixa cualificación profesional e cumplan algunha das seguintes características:

  • Vítimas de violencia de xénero.
  • Emigrantes, emigrantes retornadas ou refuxiadas.
  • Pertencentes a minorías étnicas.
  • Perceptoras de rendas de integración, subsidios ou prestacións similares.
  • Persoas con diversidade funcional ou enfermidade mental.
  • Con responsabilidades familiares non compartidas.
  • Menores de 30 anos, maiores de 45.