ACCIÓN FAMILIAR FERROL

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol) é unha organización formada por un equipo de profesionais do ámbito psico-educativo e social que prestan apoio psicolóxico e educacional a través de proxectos e programas dirixidos a menores, mulleres, maiores, minorías étnicas e persoas sen recursos.

Consolidación do movemento asociativo das mulleres galegas

Queremos amosar os nosos agradecementos á Xunta de Galicia, quen nos outorgou unha subvención para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e o funcionamento das asociacións ...

E agora, onde vivo? Unha alternativa ás residencias de maiores

Hoxe levamos a cabo un obradoiro no que falamos das diferentes opcións de habitabilidade que existen para as persoas maiores. A sesión resultou moi interesante para as participantes! Sorprendéronse ao coñecer as diferentes alternativas que existen, deixando a un lado ...

Voluntariado Sénior

Grazas ás persoas voluntarias que colaboran en “Acompáñame”, o noso programa de Voluntariado Sénior, podemos apoiar a persoas maiores institucionalizadas.

Para agradecer a súa labor e adicación, convidámolas a unha comida na que, ademais de pasar un bo anaco, compartimos diferentes ...

Grazas pola túa doazón!

Hoxe recibimos unha doazón de fichas de actividades variadas que serán de gran utilidade para as nosas actividades de reforzo educativo!

Moitísimas grazas á persoa que fixo esta gran aportación e a todos/as quenes nos apoiades! ?



...

Xestión de condutas problemáticas durante a infancia

Onte estivemos en directo a través do noso Instagram (afa_ferrol) para falar sobre os diferentes estilos educativos parentais, as condutas negativas que se presentan con maior frecuencia na infancia e a xestión destas dende o contexto familiar. No que se ...

Voluntariado Xuvenil

Otro año más, la Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) nos concedió la subvención de Voluntariado Juvenil. Gracias a ella podemos implementar nuestro programa “Tempo de Lecer”. Este se realiza en la Residencia Mixta de Mayores de ...

Por un envellecemento activo!

O pasado xoves levamos a cabo un obradoiro destinado a persoas da terceira idade. Falamos sobre o concepto de vellez e as súas características, os prexuízos e estereotipos asociados, así como a importancia de ter un envellecemento activo para gozar ...

Relatos entre retais

A pasada semana demos a benvida un ano máis a “Relatos entre Retais”, un espazo de encontro e de creación onde as mulleres tecen redes, entrecruzan fíos e comparten experiencias e sentires. Esta actividade forma parte do noso Programa de ...